Monday 06 de May de 2024

Cambre organiza un curso para os novos voluntarios de Protección Civil


As persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 981675589

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambre realizará o vindeiro sábado 11 de marzo un curso para os novos voluntarios de protección Civil. O lugar onde levarán a cabo, será na base de Protección Civil David Pisani de Sigrás en horario de 10:00 a 13:00 horas situada nos Campóns.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 981675589.

Desde o Concello informan que terán preferencia os empadroados no Concello e que aos seleccionados daráselles un pequeno curso de ingreso